Falece un traballador tras caerlle enriba unha póla en Ortigueira

1 minutes read

Minutos despois das 15:30 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia deste suceso: unha póla caeu enriba dun home cando traballaba no monte, na parroquia das Neves (Ortigueira). Aínda que estaba liberado e accesible, permanecía semiinconsciente.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que confirmaron a mobilización do seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Ata o lugar tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil e da Policía Local de Ortigueira.

Finalmente, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.