Denuncian a falta de limpeza e mantemento dos espazos públicos de Muxía

Estado de rúas e aceras no núcleo muxiá de Os Muíños.

O grupo municipal socialista de Muxía fiscaliza unha vez máis o traballo do Goberno local e neste caso céntrase no estado da limpeza e mantemento dos 104 núcleos municipais dos que afirman que «o 70% quedaron sen limpar», algo que suscitou as queixas e denuncias públicas de veciños e responsables de negocios turísticos como aloxamentos e restauración.

O portavoz socialista, Iago Toba, afirmaba que “a falta de limpeza en Muxía é total, camiños rurais, núcleos rurais, núcleo muxián, zonas turísticas, áreas recreativas, camiño dos faros, e incluso os campos das festas durante todo o verán sen atender».

«A acumulación de basura nas rúas de Muxía e a acumulación de maleza nos núcleos rurais foi unha constante ao longo de todo o ano 2025, que deixou imaxes lamentables e que dificultou o día a día da veciñanza e que se viu agravada no verán con unha situación que non só mancha o noso municipio senon que tamén mancha o nome do noso municipio por un goberno con unha ausencia continua do Alcalde nas súas responsabilidades e incapaz de organizar e executar as limpezas ao estar máis ocupados en asuntos de índole privada, festexos e liortas internas que en traballar pola veciñanza», matizaba Iago Toba.

O Grupo municipal ve neste feito un engano máis á veciñanza muxiá, no que xa se está convertendo en marca propia do novo goberno da moción de censura, conclúen.

Related posts

Este sábado regresan os ‘Seráns de Baile’ a Paiosaco

O BNG alégrase da posta en marcha inmediata do servizo oncohematolóxico da Costa da Morte

Xunta e Concello asinan un convenio de colaboración para a humanización da avenida de Fisterra de Carballo