Denuncian o alto risco en caso dunha emerxencia cos parques de bombeiros pechados

1 minutes read

A historia repítese e aquí non pasa nada, ata que en calquera momento teñámonos que lamentar da perda de vidas humanas pola falta de bombeiros na área de influencia dunha desgraza concreta. Esto xa estivo a punto de ocorrer este sábado en Vimianzo. O accidente da imaxe ocorreu na estrada de Caxadas dirección Vimianzo na AC-552, un coche envorcado, afortunadamente sen feridos de consideración, pero se neste caso houbese cinco persoas atrapadas ou malferidas no seu interior, imaxinémonos que pasaría.

O parque de bombeiros de Cee que opera desde Cee ata Vimianzo contaba cun só bombeiro, polo que, ao haber menos de tres operarios, seguindo o protocolo, tívose que pechar. O único bombeiro en servizo este sábado derivouse ao parque de bombeiros de Santa Comba, polo que boa parte da maioría da “Costa da Morte”, comarcas de Soneira, Fisterra e Cee” permaneceron sen servizo de bombeiros.

No caso de ter que liberar a algún ocupante do turismo deste accidente, doutro similar, peor, ou de incendiarse o vehículo, a resposta máis inmediata sería desde o parque de bombeiros de Santa Comba, polo que o tempo de resposta operativa sería ´mínimo de 45 minutos máis. Terá que pasar un accidente grave para que os responsables dos Parques de Bombeiros Comarcais se senten a negociar co comité de folga e cheguen a un acordo?.

Desde os parques afectados polos peches reaccionan con indignación contra o Consorcio, a Xunta e as Deputacións, responsables de buscar unha solución a este grave problema e denuncian, unha situación que leva meses prolongándose en prexuízo da cidadanía en xeral.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?