A Xunta de Galicia está a poñer en risco a excelencia e a actividade formativa da Orquestra Sinfónica de Galicia, ao negarense a cumprir os termos do convenio asinado o 28 de decembro do 2004, cando a Xunta se integrou no Consorcio da Música. O documento rubricado entón explicitaba o compromiso por parte da Administración autonómica de aportar en cada anualidade non menos de 3 millóns de euros cada ano para o funcionamento da orquestra. Desde o ano 2011 a Xunta ven incumplindo esa cláusula en cada exercicio.
A cantidade impagada pola Xunta desde o 2011 ascende a 5.225.080 euros. Para o ano 2020 a Xunta ten previsto aportar 2.696.867 euros, lonxe tamén da cantidade á que se comprometeu no convenio asinado no 2004.
Co fin de atopar unha saída ao problema este venres reuníronse na Coruña o concelleiro de Educación, Cultura e Memoria Histórica, Jesús Celemín e o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior e portavoz do Goberno local, José Manuel Lage Tuñas, con representantes da Xunta dentro da comisión mixta de seguimento do convenio.