Denuncian que moreas de pazos celebran vodas de maneira irregular e sen licenza en Galicia

1 minutes read

A denuncia xurdiu de Ascega (Asociación Profesional de Autónomos, Emprendedores e Empresarios de Galicia), que intensifica as súas demandas de solución ante o proliferar de casos e as queixas de hostaleiros e responsables de pazos e casas rurais que si cumpren cos requirimentos. Segundo os seus cálculos, “máis do 50%” do sector incumpre a legalidade, cando menos na provincia da Coruña, aínda que o cálculo elévase aínda máis noutros territorios. “Os espazos que celebran vodas sen licenza supera o 60%”, engade outra fonte experta.

A falta dunha listaxe oficial, os datos de portais especializados nestes eventos indican que en Galicia hai uns 140 espazos á marxe de salóns de vodas, restaurantes e hoteis que celebran casamentos e os conseguintes banquetes. A maioría deles son pazos e predios, pero tamén algún castelo, adega ou espazo singular. Tendo en conta, polo baixo, os cálculos de Ascega, máis de 70 deles carecerían dos permisos requiridos.