A Deputación e o Concello da Coruña asinaron un convenio de colaboración para a ampliación da xestión do Teatro Colón, propiedade da entidade provincial, por parte do Concello, que o xestionará a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE). A deputada de cultura, Natividad González foi a encargada de asinar o acordo co concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro.
Deste xeito, o IMCE continuará xestionando, un ano máis, a programación e desenvolvemento das actividades do Teatro Colón a través dun acordo que se enmarca nas políticas da Deputación de cooperación cos concellos. «Cedemos ao consistorio municipal estas competencias para que teña unha maior autonomía na xestión dun espazo que pertence á veciñanza da Coruña», sinalaba a deputada.