Deputación e Concello de Arteixo cofinancian varias melloras en Pastoriza

1 minutes read

A Deputación da Coruña e o Concello de Arteixo unen forzas para desenvolver proxectos de mellora da seguridade viaria nas parroquias de Barrañán e Armentón e para renovar o sistema de abastecemento do municipio na contorna de Pastoriza. O Plan Único do ente provincial financia o 60% do custo total das actuacións, 447.142 euros, que se atopan en fase de licitación. O Concello inclúe dentro dos seus proxectos para renovar infraestruturas básicasa mellora de varios camiños nas parroquias de Barrañán e Armentón. Co fin de mellorar estas rutas en mal estado, desenvolveranse tarefas de reparación de fochancas, limpeza de cunetas, pavimentación, sinalización e drenaxe. Estímase que o prazo de execución das obras será de 3 meses e as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 13 de abril de 2021. Por outra banda, tamén está prevista a renovación completa da impulsión de auga desde o bombeo de Sobrado ao depósito de Pastoriza. Ao longo da súa vida, esta impulsión sufriu numerosas roturas, poñendo en risco a subministración de auga de todo o Concello.