39
A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán Cancelo, visitou a confraría de Lira xunto ao alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido Rama e a concelleira Merche Noceda. A Deputación da Coruña, a través da súa liña de subvencións para confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras, apoia este ano á confraría de Lira con 20.000 euros para a mellora da comercialización do peixe e marisco local, actividades de dinamización da pesca sostible e e contratación de persoal para prestar servizos e trámites aos socios e socias da entidade.