A cita será este sábado día 17 ás 17:00 horas no pavillón Vila de Noia. CB La Flecha, un equipo que nesta tempada está na parte baixa da táboa, pero que en tempadas anteriores sempre mostrou un bo xogo, e potencial, pero este ano non lles está a saír os partidos como lles gustaría. Un equipo novo de canteira, no que os carballeses atoparán a un ex-xogador do Club, o coruñés Anxo Estany, xogador da xeración 2000, que cos seus compañeiros (Melini, Javi López, Souto, Yago, Martin, …) chegaron a xogar 3 Campionatos de España representando a Carballo e a Basket Xiria.
O Calvo Basket Xiria, contará con toda a súa plantilla e os dous junior que están a compatibilizar ámbolos equipos, polo que Héctor Méndez logo do último día de adestramento deste venres citará a tódolos xogadores. O equipo adestrou ben durante a semana, coa ilusión de certificar o bo arranque de tempada e colleitar un novo triunfo para dedicalo a toda a afección carballesa, no que será o último partido de Liga EBA neste ano 2022.
Dende o Club, fan un chamamento para acudir en masa a este partido para alentar os xogadores. Ademais como xa está sendo habitual, no descanso farase o sorteo dun xamón e outros agasallos, feito que está sendo costume este ano en partidos de EBA.