Derrota do Calvo Basket Xiria ante O Porriño

1 minutes read

O Calvo Basket Xiria perdeu este sábado na casa o partido de Liga EBA que lle enfrontaba ao Porriño, nun encontro moi igualado chegouse ao descanso xa, cunha mínima vitoria visitante por 29-31, (13-15 e 16-16). O conxunto que dirixe Fernando Buendía pelexou por levar o partido, pero atopouse cunha boa defensa do Porriño, que certificou a vitoria tamén no terceiro cuarto, 13-16. Cun punto arriba o Basket Xiria foi quen de gañar pola mínima o último cuarto, 19-18, pero non sería suficiente para certificar a vitoria, polo que acabou perdendo por 61-65. Situado en postos de descenso, pódese complicar un pouco máis a permanencia na categoría a falta dunha soa xornada para terminar a tempada. Rubén Rey foi o Xogador Calvo da xornada con 19 puntos.