Derrota sobre a bucina do Calvo Basket Xiria en Carballo fronte a Usal La Antigua


O Calvo Basket Xiria sumou unha nova derrota (77-85) na casa tras un emocionante partido ante o Usal La Antigua con prórroga incluída. Os de Fernando Buendía estiveron moi ben atrás e contundentes no un contra un, pero o Usal La Antigua plantoulle cara desde o inicio do partido.

Os carballeses empezaron perdendo, pero dominaban ben o rebote chegando a impoñerse no terceiro cuarto co factor a favor da bancada, o Usal La Antigua tivo a sorte de fronte e empatou o encontro na última xogada.

Chegaron ao momento crucial da prórroga onde os charros foron superiores cunha diferenza de 8 puntos. Toca seguir traballando coa mente posta xa no próximo partido.

Oscar Pérez.