Desaloxadas varias vivendas en Noia por un incendio nun supermercado

1 minutes read

Un incendio declarado no cadro eléctrico dun supermercado en Noia provocou alarma no local. Segundo puido saber o 112 Galicia, o persoal do establecemento desaloxou o supermercado e o edificio onde está situado por mor do lume orixinado na instalación eléctrica. O lume prendeu nun cuarto onde había varias bombonas. A policía local de Noia confirma que non hai feridos nin perigo para os veciños. 

Os feitos sucederon na rúa da Coruña, uns minutos despois das 12:15 horas deste xoves.

O 112 Galicia tivo constancia a través dunha persoa particular e, nada máis recibir a chamada, pasouse o aviso ao Servizo Municipal de Protección Civil de Noia, ao GES de Brión, á Policía Local, a Protección Civil de Noia e aos Bombeiros de Ribeira e Boiro, así como á empresa subministradora de electricidade.