41
Un lóstrego caeu sobre un tren preto de Quiroga. Este tren Alvia que une Ourense con Barcelona quedou bloqueado e tivo que ser desaloxado despois de que a descarga provocara un pequeno incendio. Ían 204 pasaxeiros a bordo e, logo dunha hora parados, puideron seguir a súa viaxe con algo de atraso.