36
A alcaldía de Castrelo de Miño cambiou de cor política este martes, o popular Avelino Pazos é o novo rexedor da vila. Pazos accede ao cargo tras prosperar a moción de censura proposta polo Partido Popular, co apoio de dous ex-edís do PSOE, para desaloxar da alcaldía o BNG. O PP recupera así un concello onde os nacionalistas gobernaron nos últimos 13 anos da man de Esteban Suárez Méndez. A sesión foi moi tensa e o novo alcalde tivo que saír do salón de plenos escoltado pola Garda Civil. Un numeroso grupo de veciños seguíao entre berros e lanzamentos de ovos. A única concelleira que quedou no PSOE dixo sentir «vergoña» polo que acababan de facer ou seus ex-compañeiros de partido.