Desaloxan un inmoble ocupado na rúa Yáñez Rebolo de Lugo


Membros dunha empresa de desocupación de pisos de Lugo lograron o desaloxo dunha casa de dous pisos no centro da cidade, unha tarefa que comezaron este venres pero que acabou coa intervención policial para sufocar unha liorta con máis de vinte persoas implicadas. Familiares dos okupas da vivenda agrediron aos traballadores da empresa “Mi casa no es la tuya”, dous dos cales tiveron que ser atendidos nun centro hospitalario. Finalmente chegouse a un acordo e os ocupas abandonaron as vivendas.