Axentes do Posto da Garda Civil de Muxía, tras ter coñecemento de que no Lugar de Denle en Fisterra estaba a celebrarse unha festa nunha vivenda unifamiliar, acoden ao lugar, podendo comprobar como sobre as 01:40 horas se escoita música procedente do interior. No exterior observan a varias persoas consumindo bebidas alcohólicas que escapan apresuradamente ao decatarse da presenza dos Gardas Civís.
Proceden a solicitar ás persoas que alí se atopaban que saian ao exterior para ser identificados. O lugar da celebración é unha pequena vivenda semiabandonada que non pode aloxar ás persoas que alí se deron cita, polo que son informados que se daría conta á Autoridade competente formulándose un total de 10 denuncias.
No transcurso da intervención policial, un vehículo achégase ao lugar dos feitos. Tras ordenarlle mediante o uso de sinálelas pertinentes para que se deteña , obteñen como resposta un caso omiso e foxen marcha atrás polas rúas do lugar. Un dos Axentes emprende a persecución correndo e logrando in extremis ler as placas de matricula do vehículo. Contra este usuario formuláronse tamén dúas denuncias por infracción á Lei de Seguridade Víal.
Denuncia contra un establecemento hostaleiro de Fisterra
Ademais á primeira hora a Benemérita acudiu a un establecemento de hosteleria de Fisterra por estar a superar alí amplamente os límites de aforo. O xerente do local foi informado que se formularían as correspondentes denuncias ante a autoridade competente.