Descargados na Coruña 2.400 quilos de cocaína comisados nun operativo internacional en augas portuguesas

Catro persoas foron detidas fronte ás costas de Lisboa por axentes da Policía Nacional, e grazas á colaboración internacional, interviñeron unha embarcación de alta velocidade cunha carga de 2.400 quilogramos de cocaína. A droga foi trasladada e descargada polos axentes dun barco francés no peirao de Calvo Sotelo, na Coruña. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, detallou que «se trata dunha importante operación» coordinada pola Fiscalía Antidroga en que participan axentes do Grupo de Resposta contra o Crime Organizado (Greco) e membros do Servizo de Vixilancia Aduaneira. A operación está baixo o segredo do sumario.

Related posts

Medio Rural anunciou en Mazaricos que pagará en decembro a maior parte das axudas directas da PAC

O Teatro Colón da Coruña acollerá en novembro a segunda edición de ‘Músicas posíbeis’

MercaNaVila superou as 30.000 descargas nas primeiras 72 horas da campaña