O accidente tivo lugar pouco despois das 19.30 horas deste sábado e, segundo os primeiros datos, por causas aínda descoñecidas, saíuse da vía e chocou contra un muro nunha contorna próxima ao río Miño, nunha das zonas do trazado máis antigo de Galicia. O convoi estaba composto por unha cabeza tractora e dezasete vagóns. Afortunadamente, no tren só viaxaba o maquinista, atópase ben e, aínda que nun principio se pensou que estaba atrapado, puido saír polos seus propios medios. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Ponteareas, así como distintas unidades de emerxencias e a Garda Civil.