As 17 persoas que viaxaban no convoi, 16 pasaxeiros e o interventor, resultaron ilesos. De feito, o interventor, levou un golpe pero non precisou asistencia sanitaria.
Persoal de Adif emerxencias contactaba co 112 Galicia para informar do descarrilamento dun tren de media distancia que facía o traxecto Ourense-Santiago, entre a canteira de Campomarzo e Ponte Taboada, ao seu paso por Silleda.
No relato, indicaban que eran 16 os pasaxeiros que viaxaban no convoi, ademais do interventor, quen segundo comunicaban, levou un golpe, sen ser necesaria a asistencia médica.
Desde o 112 Galicia, nada mais recibir o aviso, informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias-061, á Garda Civil, á Policía Local e Nacional e aos Bombeiros do Deza.
Unha vez no punto, os Bombeiros indicaron que foi un vagón o que se saíu do eixo do carril da vía por mor e dun desprendemento de terra e pedras na entrada do túnel polo que circulaba. Aseguraban que o tren estaba no interior do túnel e que se podía acceder sen dificultade.