Descobren en Turquía un gran xacemento de gas no mar Negro

1 minutes read

Foi bautizado como Sakarya, e é o maior xacemento de gas natural xamais atopado en Turquía. Iso polo menos asegurou o seu presidente, Recep Tayyip Erdogan, que este venres anunciaba do descubrimento dunha reserva de 320.000 millóns de metros cúbicos de volume no mar negro. O presidente turco informaba do gran achado nunha mensaxe retransmitida por televisión. Aínda que Erdogan non daba moitos detalles sobre o lugar exacto deste xigantesco xacemento, crese que estaría a uns 150 quilómetros ao norte das costas turcas, e moi preto das fronteiras marítimas de Bulgaria e Romanía. A procura de hidrocarburos na zona levou a Turquía a unha guerra diplomática con Chipre e Grecia á que se sumou Bruxelas, que esixe a Ankara que deteña as súas exploracións en augas territoriais chipriotas.