Desconvocada a folga da siderometalurxia de Ourense tras lograr un acordo

1 minutes read

Os 4.500 traballadores do sector siderometalúrxico da provincia de Ourense volven ao traballo. Ratificaron en asemblea case por unanimidade o preacordo entre sindicatos e patronal que pon fin a 16 días de folga.

Terán un incremento salarial do 5% este ano, con efecto retroactivo desde xaneiro. E outro 10% a repartir entre os dous próximos anos. O acordo inclúe unha cláusula de revisión salarial. Garante que en 2025 , cando conclúa o actual convenio, terán un incremento de ata o 18% se o IPC supera o 15%.

UXT, CC.OO e CIG destacan a unidade sindical e a actitude e compromiso dos traballadores durante todo o conflito . E móstranse moderadamente satisfeitos co acordo. Foi a primeira folga do sector na provincia de Ourense en 22 anos, unha folga para rematar coa enorme fenda salarial respecto aos seus compañeiros do metal en Pontevedra e na Coruña.