0
O preacordo acadado polos sindicatos e a patronal do transporte de viaxeiros por estrada nunha reunión celebrada este sábado, baixo a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, permitiu desconvocar o paro. Segundo transcendeu, o acordo entre patronal e sindicatos recolle só cuestións económicas. Os traballadores recuperarán este ano poder adquisitivo cun aumento do 12,3% e o ano que vén os salarios actualizaranse dacordo ó IPC. A favor do acordo votou o 51,15% dos traballadores, en contra o 44,95%, cunha abstención do 3,9%.