Destitúen ao oficial de enlace da Garda Civil no Estado Maior da Defensa por vacinarse de forma indebida


O Ministerio do Interior destituíu o oficial de enlace da Garda Civil no Estado Maior da Defensa tras vacinarse de forma indebida, segundo informaron fontes dese departamento. «Tras ter coñecemento de que o oficial de ligazón da Garda Civil destinado no Estado Maior da Defensa participara na vacinación nesa institución, e tras solicitar e analizar todos os informes pertinentes, o ministro do Interior ordenou o seu cesamento con carácter inmediato. Trátase dun posto de libre designación», explica o Ministerio do Interior.