Destrozan un piso turístico en Santiago que alugaron para organizar unha festa

1 minutes read

A súa propietaria valora en 4.000 euros os estragos que encontrou ao regresar á casa, situada na zona vella da cidade de Santiago. A vivenda alugouna unha parella, un mozo e unha moza de algo má máis de vinte anos da localidade próxima de Calo para pasar a noite. Fixérono a través de Booking e a propietaria non chegou a velos. Do que pasou entre as once da noite e as seis da mañá no inmoble dan conta os veciños que avisaron á Policía Local. A dona da vivenda agarda que un perito faga unha avaliación definitiva das perdas e asinar a denuncia dos feitos na Policía Nacional.