Detectado o primeiro caso en Galicia da sublinaxe BA.2 da variante Ómicrom

0 minutes read

O Servizo Galego de Saúde vén de detectar o primeiro caso de BA.2 en Galicia. O laboratorio de microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, foi quen de secuenciar esta nova sublinaxe de Ómicron, tamén coñecida como «silenciosa», e hai outros 15 casos máis en estudio que están relacionados co primeiro xa secuenciado. Todos están localizados na Área sanitaria de Vigo e na de Santiago de Compostela e Barbanza. Os pacientes presentan síntomas semellantes a unha gripe leve e ningún deles está hospitalizado.