Deteñen a dous axentes do CNI por filtrar información reservada aos Estados Unidos

0 minutes read

Os arrestos producíronse no marco da investigación que segue unha xuíza de Madrid, pescudas que revelaron este luns. Tras a detención un deles está en prisión provisional e o outro en liberdade pero con medidas cautelares. De viaxe oficial en Letonia, a ministra de Defensa, Margarita Robles, confirmou a investigación e asegurou que a denuncia que a motivou partiu do propio Centro Nacional de Intelixencia. A titular da carteira de Defensa non quixo entrar en máis detalles porque o procedemento xudicial atópase baixo segredo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?