A prisión o dono do Novo Furuno, pillado en Camariñas cuns 1.400 quilos de cocaína

1 minutes read

Axentes da Policía Nacional detiveron este xoves o propietario do pesqueiro Nuevo Furuno, que o pasado mes de agosto foi interceptado preto de Camariñas cando transportaba 45 fardos de cocaína con algo máis de 1.300 quilos de droga. O arrestado, Luis Alfredo Y. M., alias Lucho, estaba en busca e captura desde que o 10 de agosto abordaran o barco. Este venres á mañá pasou a disposición xudicial no xulgado número 2 de Corcubión, ante a xuíza que instrúe a investigación sobre esta causa, onde optou por acollerse ao dereito a non declarar. Posteriormente decretouse o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza, investigado por un suposto delito contra a saúde pública.