Detida unha empregada de Vitrasa e a súa parella pola queima de autobuses en Vigo

1 minutes read

A Policía Nacional detivo a un home e a unha muller como presuntos autores de dous delitos de incendio e estragos pola queima de dous autobuses urbanos en Vigo, sendo ela empregada da concesionaria municipal Vitrasa, dona dos vehículos calcinados. Os feitos remóntanse á madrugada do domingo 1 de maio, cando un autobús comezou a arder nunha céntrica rúa da cidade olívica quedando totalmente calcinado. Horas antes, esa mesma noite, outro vehículo sufrira un conato de incendio. Nesta ocasión, o lume puido ser sufocado polo propio condutor cun extintor, pero causando danos. No rexistro do domicilio dos detidos atoparon efectos relacionados cos feitos que motivaron a investigación. Tras ser postos a disposición xudicial, a maxistrada do Xulgado de Instrución número un de Vigo decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home por queimar os dous autobuses, mentres que decretou a posta en liberdade da súa parella e suposta cómplice.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?