O Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT) do Sector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Galicia, detivo a un individuo, por requisitoria xudicial, ao non comparecer á citación de xuízo rápido para o que estaba citado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, ao ser sorprendido conducindo un vehículo, sen obter nunca un permiso de condución.
Tras non comparecer á citación, o Xulgado de Instrución correspondente, ditou orde de detención e comparecencia ante esa Autoridade Xudicial, os efectivos do GIAT localizaron a esta persoa cando regresaba ao seu domicilio, conducindo outro vehículo.
O detido era obxecto de vixilancia na campaña de control de condutores multirreincidentes, ao ser sorprendido oito veces conducindo distintos vehículos nos dous últimos anos.