A Garda Civil detivo en Valencia a un dos maiores estafadores de criptomoedas en Europa. Segundo as investigacións o presunto estafador crearía unha suposta plataforma de investimentos de criptomoedas nunha páxina web e dábase a coñecer a través de diversos foros, programas radiofónicos, eventos deportivos e mesmo actos benéficos, para así lograr captar a atención dos investidores, principalmente en España e Portugal. Ao detido, un home de 45 anos, bloqueóuselle un patrimonio superior aos 2,5 millóns de euros e impútanselle sete delitos de estafa e branqueo de capitais. A operación iniciouse o pasado mes de agosto, tras ter coñecemento os axentes dos feitos a través da colaboración con seguridade privada, segundo informou a Garda Civil.
26