Detido no Reino Unido o presunto asasino dun mozo en Salceda de Caselas en 2019

1 minutes read

O Xulgado de Instrución número 1 do Porriño logrou, tras a emisión dunha orde de detención internacional, que se procedese ao arresto, o pasado 6 de xaneiro no Reino Unido, do sospeitoso da morte do mozo Soufin Mahra á saída dun pub de Salceda de Caselas, no ano 2019. Tras a súa chegada a España, pasará a disposición dun xulgado en funcións de garda, para que ratifique o seu ingreso en prisión. O detido ten 30 anos, é nacionalidade albanesa, e conta con antecedentes por tráfico de drogas e crime organizado. Para a identificación do sospeitoso foron esenciais as dilixencias practicadas dentro da investigación dirixida pola xuíza do Porriño, entre as que destacan as declaracións de testemuñas, quen tamén achegaron á causa vídeos e fotografías do día dos feitos, así como o traballo dos axentes da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.