20
A celebración dunha festa ilegal nunha vivenda de Cesantes, rematou coa detención do seu organizador por resistencia á autoridade e desobediencia aos axentes.
Varias persoas, que coñecían da súa existencia a través das redes sociais, alertaron á Policía. Unha vez alí comprobaron que a festa superaba o número de persoas permitidas non conviventes e que se incumprían as medidas contra a covid. A súa celebración tamén se fixo sen respectar o toque de queda. Entre os participantes había unha menor. O detido, que pronto quedou en liberdade, terá que declarar perante o xuíz.