Detido un condutor que atropelou a varias persoas que cruzaban por un paso de peóns na Coruña

Segundo fontes municipais, o condutor, un home de 51 anos con domicilio na Coruña, estaba estacionado nunha zona reservada para un hotel e arrincou o vehículo xusto cando varias persoas comezaban cruzar entre a rúa Juana de Vega e a praza de Mina.. El mesmo recoñeceu este feito aos axentes, que investigan o caso como un atropelo intencionado. Os axentes practicáronlle as probas de drogas e alcohol, e está previsto que persoal sanitario realice unha avaliación médica e psiquiátrica. O home quedou detido.

Hai seis vítimas hospitalizadas, entre elas un neno de catro anos. O parte médico do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) confirma seis feridos: tres deles en estado grave, dous mulleres e un home; outros dous adultos, un home e unha muller, permanecen ingresados con prognóstico leve. Ademais, un neno de catro anos foi trasladado ao hospital Materno. Todas as vítimas cruzaban correctamente polo paso de peóns cando foron atropeladas. Varias testemuñas indicaron que escoitaron como o coche aceleraba xusto antes de impactar contra os peóns e que non se detivo ata que non puido seguir avanzando porque levaba unha persoa sobre o capó.  

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, expresou na rede social X o seu desexo dunha pronta e total recuperación das persoas feridas. 

Related posts

Medio Rural anunciou en Mazaricos que pagará en decembro a maior parte das axudas directas da PAC

O Teatro Colón da Coruña acollerá en novembro a segunda edición de ‘Músicas posíbeis’

MercaNaVila superou as 30.000 descargas nas primeiras 72 horas da campaña