Detido un home como presunto autor dun delito contra a saúde pública na Pobra do Caramiñal

1 minutes read

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a unha persoa na localidade da Pobra do Caramiñal, por un suposto delito contra a saúde pública.

Os feitos ocorreron na Praza de Escurís, cando unha patrulla da Garda Civil viu un intercambio sospeitoso entre unha persoa e o detido. Este último fuxiu do lugar ao ver aos guaridas, pero foi capturado a poucos metros.

O suxeito portaba no momento da súa detención, doce doses dunha substancia branca (supostamente cocaína) cun peso de 2,34 gramos, 4 doses dunha substancia marrón (supostamente heroína) cun peso de 0,75 gramos e 144 euros en billetes de pequeno importe.