0
Os Mossos d’Esquadra detiveron na tarde deste domingo o home que presuntamente matou a tiros a un rapaz de 15 anos en Sant Hipòlit de Voltregá, na provincia de Barcelona. As investigacións apuntan a un axuste de contas relacionado co narcotráfico. O tiroteo produciuse no medio dunha liorta en plena rúa e de madrugada. O autor dos disparos, duns 40 anos, fuxiu e estivo varias horas escondido no monte. Os Mossos montaron un dispositivo por terra e por aire, co que conseguiron localizalo e arrestalo.