22
Un home de 66 anos foi detido por provocar o incendio que arrasou a vivenda da súa veciña este sábado no núcleo de San Bartolomeu, en Boborás. A vivenda, de madeira, ardeu rapidamente. Afortunadamente non había ningunha persoa dentro no momento do incendio, pero si faleceron os cans da familia e tamén resultou afectada a vivenda do detido. Foi solicitada a colaboración de Urxencias sanitarias do 061, dos bombeiros do Carballiño, do GES de Avión, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Boborás. O distrito forestal da zona tamén colaborou na extinción das lapas.