Detido un matrimonio de xubilados de Arousa con 450 quilos de droga

1 minutes read

O matrimonio de xubilados, de Vilanova e Vilagarcía de Arousa, que non tiñan antecedentes foi interceptado na autovía A-8, ao seu paso polo municipio asturiano de Colunga. Ocultaban máis de 450 quilos de haxix na parte traseira e nos baixos dunha autocaravana. Axentes da Unidade de Drogas e Crime Organizado de Pontevedra e do grupo de estupefacientes de Oviedo levaron a cabo o operativo no marco da operación Bodorrio. Deste xeito dáse por desartellada unha organización que se dedicaba ao transporte e distribución de droga polo norte de España, tras máis dun ano de investigación. Supostamente, xa fixeran varias destas viaxes finxindo ser turistas, ían desde a comarca do Salnés a Asturias, Cantabria e País Vasco. A droga procedía de Alxeciras e traíana ata Galicia en ruta por estrada por Portugal. A Fiscalía do Principado de Asturias pediu este sábado ao Xulgado de Instrución número 3 de Oviedo o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, desta parella de xubilados.