Detido un matrimonio pola morte dun ancián en Ávila, presuntamente para roubarlle

1 minutes read

A morte dun home de 90 anos que apareceu dentro dun bidón cuberto de cal, rematou coa detención de dúas persoas, unha delas traballaba como coidador do propio nonaxenario. Medio millón de euros que tiña no banco o ancián asasinado e a propiedade dun inmoble parecen ser o obxectivo deste crime. A Garda Civil divulgaba este sábado o vídeo coas imaxes da detención do presunto asasino na localidade abulense de Sotillo de la Adrada. O detido confesou que cometeu o crime cando regresaba en coche co ancián dunha visita ao hospital e que o estrangulou co cinto do vehículo tras unha discusión. Despois meteuno nun bidón e cubriuno con cal. O crime sucedía hai máis de tres meses e agora a detida é a esposa do presunto asasino. A muller está acusada de colaborar na ocultación do cadáver. Era a peza que faltaba para pechar un caso que se remonta a setembro. Un dos factores que facilitou a comisión do crime é que o ancián carecía de familiares directos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?