Detido un mozo en Aguiño acusado de matar ao seu pai de 47 anos cun disparo de escopeta

1 minutes read

As primeiras investigacións apuntan que o disparo foi efectuado cunha escopeta propiedade da familia. O home de 47 anos chegou con vida ao hospital, onde acabou falecendo. Foi un veciño o que deu a voz de alarma. O presunto autor do parricidio de pouco máis de 20 anos,  confesoulle o que ocorrera e pediulle que chamase ao 112. Despois foi arrestado pola Policía Nacional. O ferido aínda estaba con vida, pero en estado crítico. Aínda así, conseguiron trasladalo ata o Hospital do Barbanza, onde finalmente faleceu polas feridas causadas polos impactos de bala. A investigación continúa aberta para esclarecer as causas que rodean o suceso. Durante as primeiras horas, unidades da Policía Científica e Xudicial desprazáronse ao lugar dos feitos.