Detido un veciño de Cambre por un intento de roubo nun banco en Arteixo

1 minutes read

A Garda Civil de Arteixo detivo a unha persoa como presunto autor dun roubo con violencia e intimidación en grao de tentativa. Os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta o pasado 16 de decembro pola directora dunha sucursal bancaria da localidade, comunicando que entre as 13:00 e as 13:05 horas dese día acompañou a un cliente ao caixeiro automático anexo á oficina para axudarlle a realizar unha operación no mesmo. Tras finalizar esta xestión cando se dirixía outra vez á oficina foron increpados pola persoa que se atopaba no outro caixeiro automático indicándolles que entrasen na oficina, exhibindo unha bolsa plástica a cal supostamente contiña unha arma.

No momento que se aproximou ao cliente para obrigalo a entrar, este logrou rexeitalo cun empuxón, tras o que se introduciron cliente e empregada na oficina bloqueando a porta de acceso, ameazándoos o asaltante cunha arma branca a través do cristal para que lle abrisen, abandonando o lugar ao non conseguir o seu propósito.

A Garda Civil iniciou unha investigación en aras da identificación e localización do autor dos feitos. Tras un arduo traballo de campo e a análise minuciosa da información solicitada, a efectivos da área de Investigación da mencionada Unidade lograron a identificación plena desta persoa, activando nese momento un dispositivo para a súa localización, logrando a mesma en Arteixo.

A Garda Civil procedeu á detención deste home, que xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de garda da Coruña.