A Garda Civil do Posto Principal de Arteixo detivo a un home, veciño de Carballo, como suposto autor dun delito de apropiación indebida. Os feitos ocorreron a raíz da denuncia interposta o día 21 de xullo de 2023 polo responsable dunha empresa de construción, comunicando que entre os días 6 e 18 de xullo unha persoa ou persoas descoñecidas subtraeran accesorios da súa escavadora que se atopaba gardada nunha leira do polígono industrial de Sabón, accesorios por un valor superior aos 30.000 euros, concretamente un cazo ancho, un cazo estreito e un martelo picador.
A garda Civil iniciou unha investigación en aras de constatar a veracidade dos mesmos, a recuperación dos efectos subtraídos e identificar plenamente o autor ou autores dos feitos no seu caso.
Froito do traballo de campo realizado, os compoñentes da área de Investigación da mencionada Unidade, lograron a identificación plena do presunto autor do ilícito, así como a localización dos efectos subtraídos.
A Garda Civil procedeu á detención desta persoa veciña de Carballo como presunto autor dun delito de apropiación indebida e á recuperación dos accesorios subtraídos, os cuales foron reintegrados ao seu lexítimo propietario.
30