Este domingo os aspirantes a celador dos hospitais públicos galegos entran nas aulas, que en realidade son grandes naves, habilitadas para o exame con esas máis de 1.500 cadeiras. En concurso hai 360 prazas, das que 144 son de acceso libre, 195 de promoción interna e 21 para persoas con discapacidade xeral. O sábado, por primeira vez, neste mesmo recinto, examináronse 153 persoas con discapacidade intelectual para optar a 30 postos tamén de celador.