Día de Galicia | «Imos a por todas, sen límites» | Multitudinaria manifestación do BNG

1 minutes read

O BNG celebrou este luns 25 de xullo en Santiago de Compostela a súa tradicional manifestación do Día de Galicia coa convicción de que están «máis preto que nunca» de gobernar a Comunidade. A portavoz da formación, Ana Pontón, advertiu, con todo, que para gañar teñen que ser «moitos máis». Durante o seu discurso, Pontón proclamou ademais con contundencia o «non á guerra» e a súa condena á invasión rusa de Ucraína. Ademais, o BNG quere ampliar as súas bases e para iso «abren as portas e tenden a man a todos aqueles que leven a Galicia no seu corazón». O primeiro paso cara á Xunta serán as eleccións municipais. «É unha excelente ocasión para avanzar», proclamou Ana Pontón, ante miles de simpatizantes na Praza da Quintana. O BNG ten un proxecto «para unha saída xusta da crise», afirmou, e defendeu unha tarifa eléctrica galega e crear unha empresa pública de enerxía.»Imos a por todas, sen límites, porque non queremos poñerlle límites ao futuro de Galicia», concluíu.