37
Coa Semana Europea da Mobilidade, chegou a Carballo este domingo o «Día sen coches». Diversidade de actividades encheron diferentes rúas de xogos tradicionais, cor e moita enerxía, sobretodo dos máis pequenos. Valle-Inclán, Concepción Arenal, Cervantes, Eduardo Pondal, Vila de Laxe e Mahón, foron as rúas elixidas nesta ocasión para unha iniciativa da que moitos dos presentes xa piden por outra, para que cheguen canto antes moitos máis días sen coches, porque A rúa dache a vida.