‘Días azuis do comercio galego’ rexistrou máis de 120.000 participacións en 150 localidades


Na iniciativa, impulsada pola Federación Galega de Comercio coa colaboración da Xunta de Galicia, rexistráronse máis de 120.000 tíckets pertencentes a compras en máis de 150 localidades galegas, cos cales os clientes participaron no sorteo de 12.000 euros repartidos en 64 tarxetas prepago de 250 e de 150 euros. Na provincia de Lugo o total de tíckets de compra rexistrados na campaña foi de preto de 34.000, sendo a provincia máis activa. 

Este tipo de campañas de dinamización súmanse a programas como o Bono Activa Comercio, ao que a Xunta destina 5 millóns de euros co obxectivo de impulsar as compras no comercio de proximidade, atraendo clientela aos establecementos locais e contribuíndo ao mesmo tempo a aliviar o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos. Máis de 166.000 consumidores de toda Galicia descargaron todos os descontos de 30 euros dispoñibles a través desta iniciativa, e teñen agora ata o 31 de decembro para realizar as súas compras.