Díaz avoga por «outra política posible» | «É o comezo de algo marabilloso»

1 minutes read

A vicepresidenta e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, participou este sábado en Valencia no encontro «Outras políticas» xunto a destacadas dirixentes da esquerda como Ada Colau ou Mónica García, de Más Madrid.

As participantes avogaron por «camiñar xuntas» desde a «diferenza» para facer «boa política» durante un acto conxunto no que aseguraron que «se abre un novo ciclo». Yolanda Díaz afirmou nunha das súas intervencións estar » ilusionadísima» por compartir o acto con «mulleres ás que quero e admiro» e destacou a «expectación» que levantou o encontro, «un humilde acto» que «desbordou» todas as expectativas.

«É o inicio de algo que vai ser marabilloso», indicou. A vicepresidenta segunda apuntou que o obxectivo é «ir na mesma dirección» e asegurou que «a xente non quere que pensemos igual pero si quere que nos entendamos», aínda que en ningún momento confirmou que algunha das asistentes vaia a formar parte da citada plataforma. «Fagamos cousas pequenas, soñemos en grande e camiñemos xuntas», concluíu Díaz.