Diego Calvo defende que o PP é o partido que máis fixo pola “igualdade efectiva e real” das mulleres


O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, subliñou este xoves que a súa formación é a que máis iniciativas, propostas e medidas levou a cabo para lograr a “igualdade efectiva e real” das mulleres na nosa sociedade.

Acompañado do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feióo, e do vicesecretario xeral de Organización e Territorio e director de campaña, Evaristo Ben, Calvo aproveitou a xunta directiva celebrada a tarde deste xoves para defender que os populares “compartimos os obxectivos que se reivindican na xornada do 8- M”, e animou a participar nos actos programados con “liberdade” e da maneira que “cada un decida e mellor lle pareza”.

Convencido de que “aínda nos queda moito por facer e seguiremos facéndoo”, o presidente provincial cargou contra a “utilización partidista” que se está facendo das reivindicacións das mulleres, e recalcou que “ser feminista non é ser de esquerdas”.

Homenaxe do PP as mulleres