Diferentes actos lembraron ás vítimas do 11M


Especialmente Madrid lembrou este sábado con distintas homenaxes ás vítimas dos atentados terroristas do 11 de marzo de 2004, cando se cumpren 19 anos das explosións en varios trens de proximidade que deixaron 193 vítimas mortais. O presidente do Gobierno, Pedro Sánchez, rendeu “tributo ás vítimas” durante unha comparencia nun acto en Huelva e asegurou que neste día “sentimos como propio a dor dos seus familiares e dos seus amigos e amigas e conxurámonos para reivindicar a fortaleza da democracia, do noso sistema de valores, da sociedade na que vivimos ante o fanatismo, o extremismo e a intolerancia”. Na Real Casa de Correos da Porta do Sol, a presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e o alcalde da capital, José Luis Martínez-Almeida, depositaron unha coroa de loureiro ante a placa conmemorativa en recordo ás vítimas dos atentados e a todos os cidadáns anónimos que as axudaron aquel día.