32
Os agricultores e produtores de pataca da Limia puxeron en marcha unha campaña na internet para vender a pataca que tiñan almacenada, uns 5 millóns de quilos. Se non fose pola cerise do coronavirus, a estas alturas xa estaría case colocada toda a produción, aseguran os pataqueiros, que valoran dun xeito moi positivo a iniciativa de vendela en liña, dado que fixo que as peticións se multiplicasen dende diferentes puntos da península. Ofrecen por 19 euros unha caixa de 20 quilos de patacas. Prometen, ademais, facerllas chegar a calquera punto da península en 24 horas. Almacéns que teñen a necesidade de baleirar antes de comezar a sementeira da nova tempada.