Difícil visita do Calvo Basket Xiria ó UCOGA CB Chantada na quinta xornada da Liga EBA

1 minutes read

Ao conxunto carballés correspóndelle xogar contra un dos equipos máis “duros”, o UCOGA CB Chantada no Pavillón Municipal da vila luguesa, que ademais é líder (xunto a Cultural Leonesa) ata o de agora. É un equipo moi competitivo e que leva anos cun núcleo dos mesmos xogadores, pero os carballeses intentarán elevar o seu nivel de xogo e poñerlle ao rival o partido difícil. Para iso terán que dar o mellor de si na pista durante os corenta minutos do encontro e cumprir ó 100% o plan de partido que Héctor Méndez levou a cabo nesta semana.

A falta de coñecer si conta con toda a plantilla, o equipo carballés mantivo un alto ritmo de adestramentos e concentración que lles servirá para estar no partido e pelexar nunha difícil pista, ante un dos equipos máis veteranos (en anos de permanencia) na Liga. Os xogadores do Basket Xiria intentarán unha vez máis loitar e chegar ao final do partido preto do rival, para tratar vencer e dar una nova sorpresa, coma xa fixeran fai 15 días en Xixón.

O CB Chantada anota un media de 80 puntos e reciben tan só 60, mesma media que a que recibe o Calvo Basket Xiria. Teñen entre os seus xogadores destacados a Daniel F. Stefanuto e Carlos Noguerol, ambos ex-xogadores de LEB OURO, ó MVP de Copa Galicia celebrada en Carballo, o pivote Cristian Iglesias e tamén a vellos coñecidos como Alioune Senghor, ex-xogador do Calvo Xiria na tempada 19/20.